Michael Shamansky, Bookseller Inc.
Importer of European Publications in the Fine Arts
P.O. Box 3904, Kingston, New York 12402 Phone: 845-331-8519 Email: mshamans@artbooks.com

Item Number: 137931
Title: COLMEIRO por si mesmo
Author: Castro Fernandez, Xose Anton
Price: Not Available
ISBN: 9788499148328
Description: Vigo: Xerais de Galicia, 2015. 24cm., pbk., 176pp. illus. Summary: O pintor Manuel Colmeiro (1901-1999) é unha figura cume do Movemento Renovador da Arte Galega, xunto con Maside, Torres, Souto, Laxeiro, Eiroa e Fernández Mazas. Tamén é un protagonista indiscutido da «École Espagnole de Paris», que agrupa creadores como Picasso, Dalí, Miró, Gris, Bores etc., cos que participou en numerosas mostras. Colmeiro non só contribuíu a un novo xeito de interpretar a «estética do granito», fundindo a tradición e a etnografía galegas coas linguaxes vangardistas europeas, senón que aportou unha nova maneira de entender a pintura-pintura, por riba da estrutura narrativa, sendo así un dos primeiros cultivadores da abstracción en España. O pintor estivo exiliado primeiro en Bos Aires e despois en París. As numerosas mostras individuais en prestixiosas galerías de arte e institucións españolas e francesas tiveron o seu colofón na antolóxica que lle dedicou o Museo Español de Arte Contemporáneo en Madrid en 1983, que marcou o seu retorno definitivo a España. Colmeiro por si mesmo acolle tres reveladoras conversas co artista, feitas a finais da década de 1980 por Xosé Antón Castro e Carlos G. Reigosa. Nelas, Colmeiro descobre as claves da súa vida e da súa obra, ao tempo que define a natureza do seu compromiso político e da súa linguaxe creativa, tan galega e tan universal.

We regret to inform you that this title is no longer available.
Please contact us if you need additional assistance.


Michael Shamansky, Bookseller Inc.
P.O. Box 3904, Kingston, New York 12402 US
Phone: 845-331-8519
Fax: 845-331-0852
Email: michael@artbooks.com

© Copyright 1996-2016 Michael Shamansky, Bookseller Inc.
Design & Hosting by Ives & Shaughnessy Web Information Services